Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

Tema 1. O ensino de linguas no presente modelo educativo, estatal e autonómico (Carla)

Imagen
QUE É TPRS? Na sesión dedicada á explicación do tema 1, a docente explicounos numerosos aspectos da lexislación así como o papel que ten a ensinanza de linguas estranxeiras no modelo educativo, nacional e autonómico actual. Para tratar certos aspectos, fixemos un cuestionario con distintas preguntas nas que tiñamos que reflexionar sobre distintos puntos. Unha das preguntas facía referencia a se a literatura estaba máis presente na ensinanza de linguas no pasado ou na actualidade. Por unha banda, esta pregunta fíxome reflexionar sobre este tema xa que non o pensara anteriormente en detalle. Por outra banda, tiven clara a miña resposta, xa que actualmente a literatura quedou reducida a un segundo plano na ensinanza de linguas. Creo que é importante pensar porqué sucede isto na actualidade. Persoalmente, considero que os profesores e profesoras de hoxe en día céntranse moito no proceso de ensinanza-aprendizaxe baseado na comprensión e expresión oral e escrita. Polo tanto, non queda tempo ...

Tema 5. O deseño curricular base para as linguas estranxeiras (Gonzalo)

  As tres primeiras sesións da materia As linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional foron realmente interesantes e estiveron cheas de actividades que creo que a súa integración na aula é de moita utilidade. As sesións foron bastante prácticas polo que se fixeron moi amenas, algo que agradezo como alumna xa que as sesións de catro horas son difíciles de seguir. Nesta sesións, descubrín ferramentas e métodos de traballo que me servirán na miña futura práctica docente xa que son dinámicas, incitan a participación e axudan a asimilar conceptos complexos. A primeira sesión foi unha clase de presentación da materia e foi empregada para facer un repaso dalgúns aspectos do currículo anteriormente vistos. Repasamos algúns elementos e outros foron explicados, xa que como alumnado tiñamos dúbidas e necesitábamos unha maior reflexión sobre algúns. Desta sesión, gustaríame destacar os wooclaps , xa que foi unha boa técnica para traballar con información que xa coñeciamos dun xe...

Benvida!

Imagen
Ola, benvidos ao blog de Antía! Neste blog poderedes atopar unha gran variedade de reflexións e curiosidades sobre o tratado nas aulas da materia: As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional. En cada entrada, descubriredes distintas actividades que se fixeron nas sesións así como técnicas e dinámicas pedagóxicas sinxelas de aplicar nas clases de ensinanza de linguas estranxeiras. Ademais, hai entradas nas que reflexei o meu interese nun tema tratado na clase e no que investiguei máis polo miúdo. Todas estas mecánicas e ferramentas de traballo son de gran interese para min e foron de gran axuda, polo que as utilizarei sen dúbida na miña futura práctica docente.