Benvida!
Ola, benvidos ao blog de Antía!
Neste blog poderedes atopar unha gran variedade de reflexións e curiosidades sobre o tratado nas aulas da materia: As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional.
En cada entrada, descubriredes distintas actividades que se fixeron nas sesións así como técnicas e dinámicas pedagóxicas sinxelas de aplicar nas clases de ensinanza de linguas estranxeiras. Ademais, hai entradas nas que reflexei o meu interese nun tema tratado na clase e no que investiguei máis polo miúdo. Todas estas mecánicas e ferramentas de traballo son de gran interese para min e foron de gran axuda, polo que as utilizarei sen dúbida na miña futura práctica docente.

Comentarios
Publicar un comentario