Entradas

Tema 11. A avaliación na aula de linguas estranxeiras (Cristina)

Imagen
  A avaliación na aula de linguas estranxeiras No tema 11 chamado “ A avaliación na aula de linguas estranxeiras”, traballamos as distintas avaliacións, así como as súas funcións e utilidades. Como futura docente, creo que a parte da avaliación debe ser analizada e debemos darlle a importancia que ten para que esta sexa unha boa ferramenta á hora de poñela en práctica co alumnado. Unha análise da avaliación diagnóstica, formativa e sumativa é fundamental e, é por iso, que neste tema centrámonos na explicación destes tres tipos de avaliación. Na primeira sesión, centrámonos nunha ferramenta moi útil e que nos pode axudar á hora de avaliar, a rúbrica. As rúbricas son realmente vantaxosas, xa que facilitan moito o proceso de avaliación para o docente, así como axudan ao alumnado a entender que é o que se lle vai valorar e os aspectos nos que se deben focalizar. O máis importante é que aprendemos a facer unha rúbrica útil e que avalíe correctamente, xa que é moi importante redactala be...

Tema 3. Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das habilidades comunicativas na aprendizaxe de linguas estranxeiras (Cristina)

Imagen
Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das habilidades comunicativas na aprendizaxe de linguas estranxeiras. Na aula, abordamos o tema 3 durante tres sesións moi completas. Nestas tres sesións, houbo algunha teoría mais sobre todo houbo moita práctica. Estivemos aprendendo distintas e stratexias de comunicación, actividades para a produción oral e escrita e o seu tratamento na aula. Para comezar a unidade, a docente pediunos que definiramos en grupos catros conceptos. Despois, comentámolas para chegar a unha definición común e asegurarnos de que todos e todas entendiamos os catro termos.  Deixo por aquí as definicións que fixen xunto co meu grupo: Ao rematar esta posta en común, a docente explicounos en detalle en que consiste a mediación, un concepto novo para nós e que cada vez está cobrando máis importancia no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Aprendemos que hai distintos tipos de mediación (de textos, ...

Tema 1. Situacións e variábeis de ensino das linguas estranxeiras (Gonzalo)

Imagen
  Situacións e variábeis de ensino das linguas estranxeiras O tema 1 da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras dividiuse en dúas sesións. Na primeira sesión, traballamos coas similitudes e as diferenzas entre a adquisición da lingua materna e a aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Na segunda sesión, tratamos as linguas e os seus contextos de uso, así como a importancia do repertorio lingüístico. Para comentar as similitudes e as diferenzas na adquisición da lingua materna e a aprendizaxe da lingua estranxeira dividímonos en grupos de catro persoas e realizamos un Diagrama de Venn. Eu coñecía este tipo de representación gráfica mais non sabía o seu nome nin vira un exemplo práctico de como usalo na aula. Este diagrama pode facerse de tres formas diferentes: overlapping circles , circle within a circle e separate circles . En cada diagrama márcase a relación entre os conceptos comparados mais faise dun xeito diferente, polo que se debe elixir o diagrama que máis...

Tema 6. As programacións didácticas vixentes (Gonzalo)

Imagen
  As programacións didácticas vixentes Na sesión dedicada á unidade 6, tratamos distintos aspectos realmente interesantes. Estivemos a falar dun tema que persoalmente considero moi importante e do que ata ese momento non tiña demasiada información, as oposicións. Máis concretamente, falamos do proceso de acceso a estas oposicións e o seu baremo. Ademais, falamos máis sobre as distintas partes da oposición ás que nos teremos que enfrontar se queremos presentarnos nun futuro a estas en Galicia. Finalmente, traballamos con programacións didácticas e tivemos que realizar unha entre todo o grupo-aula. Con respecto ás oposicións, axudoume moito a explicación do docente, xa que persoalmente gustaríame presentarme próximamente. Entre todos, limos as diapositivas e comenzamos un diálogo no que se podían facer preguntas sobre o que non quedaba claro. Deste xeito, tivemos a oportunidade de preguntar o que nos interesaba ou as dúbidas que tiñamos sobre isto, e quen mellor que o profesor para r...

Presentación final (Carla)

PRESENTACIÓN FINAL Na miña presentación final, falo do plurilingüismo dentro da aula de linguas estranxeiras. Hoxe en día, hai un gran debate sobre o uso da lingua materna dentro das aulas de linguas estranxeiras, polo que decidín buscar máis información sobre as vantaxes que pode ter o uso da lingua materna dentros destas clases. Para realizar este traballo, utilice un artigo que recollía distintas investigacións e centreime en dúas moi representativas. Espero que isto vos axude a entender un pouco máis a realidade das clases de linguas estranxeiras!

Tema 4. O ensino-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais (Carla)

Imagen
  AS PRÁCTICAS RESTAURATIVAS Na sesión dedicada ao tema 4, interviñeron seis persoas na aula que fixeron o Mestrado no que estou agora. Pareceume unha idea moi boa, xa que sempre é interesante saber as distintas posibilidades que hai ao remate do mestrado de profesorado. Unha das rapazas que veu á aula de forma presencial e que xa aprobou as oposicións, falou das prácticas restaurativas. Este termo chamoume a atención, xa que nunca o escoitara e pareceume unha ferramenta que pode ser bastante útil nas clases. Buscando máis información sobre isto, atopei dous vídeos que reflicten bastante ben en que consisten estas prácticas restaurativas e como poden ser empregadas en distintos ámbitos. O primeiro vídeo ( Vídeo 1 ) fala destas prácticas restaurativas e dos distintos métodos que se poden empregar para levalas a cabo de forma máis efectiva. O vídeo reflicte moi ben a idea principal destas prácticas. Hai prácticas informais e formais. As informais non precisan de tanta preparación, xa...

Tema 3. Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias (Carla)

Imagen
  CONSCIENCIA INTERCULTURAL, ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS No tema 3 estivemos a ver as competencias xerais: coñecemento declarativo (saber), destrezas e habilidades (saber facer), competencia “existencial” (saber ser) e capacidade de aprender (saber aprender). O coñecemento declarativo consta do coñecemento do mundo, coñecemento sociocultural e consciencia intercultural. Nesta entrada voume centrar na consciencia intercultural e na súa importancia na sociedade. Tamén, abordarei o impacto dos estereotipos e prexuízos que sempre estiveron e seguen estando na actualidade.  Antes de comezar a buscar información sobre este concepto e as súas implicacións, investiguei sobre que é a interculturalidade. Para isto, atopei este vídeo que reflicte moi ben en que consiste e como debemos actuar como individuos para lograr acadala. Gustoume bastante este vídeo, xa que a pesar de ser básico, explica moi ben e en detalle o concepto de interculturalidade. Ademais, pode usarse nas aulas para que os...