Tema 3. Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das habilidades comunicativas na aprendizaxe de linguas estranxeiras (Cristina)

Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das habilidades comunicativas na aprendizaxe de linguas estranxeiras.

Na aula, abordamos o tema 3 durante tres sesións moi completas. Nestas tres sesións, houbo algunha teoría mais sobre todo houbo moita práctica. Estivemos aprendendo distintas estratexias de comunicación, actividades para a produción oral e escrita e o seu tratamento na aula.


Para comezar a unidade, a docente pediunos que definiramos en grupos catros conceptos. Despois, comentámolas para chegar a unha definición común e asegurarnos de que todos e todas entendiamos os catro termos. Deixo por aquí as definicións que fixen xunto co meu grupo:


Ao rematar esta posta en común, a docente explicounos en detalle en que consiste a mediación, un concepto novo para nós e que cada vez está cobrando máis importancia no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Aprendemos que hai distintos tipos de mediación (de textos, de conceptos e de comunicación), así como as distintas estratexias para traballalas nas clases. Nesta sesión, non só se explicou o que era a mediación oral e escrita senón que tamén puidemos ver distintas actividades e aprendemos como introducilas nunha aula. A docente ensinou vídeos e textos e tivemos que identificar o tipo de mediación e o propósito que se quería conseguir coa actividade. Penso que isto foi importante, xa que despois da explicación dun concepto descoñecido para nós, como é o caso da mediación, creo que o labor do profesor ou profesora é asegurarse de que o alumnado o entendeu. A visualización de textos reais fixo que puideramos identificar a mediación dun xeito máis doado, así como nos facilitou ideas para introducir estas actividades na aula. Moitas veces penso que o docente pode chegar a ter problemas á hora de levar a cabo unha actividade, polo que ter ideas previas de como introducila pode facilitarme moito o traballo como futura docente. 



Na segunda sesión, seguimos a traballar coa mediación pero neste caso fomos nós os encargados de deseñar a nosa propia actividade. Esta tarefa realizámola en grupos de catro persoas, compartímola nun documento conxunto de toda a clase e presentámola ante os compañeiros e compañeiras. No meu grupo, propuxemos unha actividade de parellas na que un era un alumno español mediando cun alumno de Reino Unido para chegar a un acordo de que película ver, que día e a que hora. Pensamos que traballar co tema do cine podía ser interesante e motivador para o alumnado. Ademais, xa que moitos institutos reciben alumnado de Reino Unido, pensamos que é unha boa oportunidade para que utilicen estas actividades de mediación nunha situación real. Considero que estas actividades poden ser beneficiosas para o alumnado, xa que lles dá ferramentas e experiencia para desenvolverse con éxito en distintas ocasións da vida cotiá.


Para rematar a sesión, traballamos coas actividades de comprensión oral e escrita. A docente citou algo que me chamou a atención e que as veces esquésecenos: dar recursos ao alumnado. É importante que como docentes aconsellemos ao alumnado a ler e escoitar para que melloren as súas habilidades en lingua estranxeira. Algúns exemplos das recomendacións que se lle poden facer son: ver series dobradas, escoitar audiolibros, usar libros electrónicos, entre outros. Non nos debemos de esquecer de remarcar a importancia destas pequenas accións, que as veces damos por suposto e son clave para a adquisición dunha lingua. Algo que tamén considero interesante e que aprendín na sesión é a como deseñar unha actividade de comprensión oral e escrita. Creo que os profesores poden ter certo “medo” á hora de decidir o tipo de texto ou audio que utilizar, xa que é complicado determinar o nivel e crear unha tarefa previa e unha posterior. Outro aspecto que me preocupa como futura docente é como saber si o alumnado comprende realmente o texto. É por isto que me axudou as ideas que deu a docente de pasar polas mesas escoitando ou vendo onde o alumnado ten máis dúbidas para despois abordalo, sen parar en detalles que todo o alumnado xa entendeu.


Na terceira sesión, a docente explicou como se deseñan actividades de produción e interacción escrita e oral. Por unha banda, no que atinxe á produción escrita, falamos dos distintos pasos que o alumnado debe seguir (planificación, primeiro borrador e versión final). É importante explicarlle ao alumnado a estruturación do texto que deben elaborar para que non teñan a sensación de estar perdidos. Pareceume moi interesante o que comentamos na clase sobre como dinamizar estes tres pasos dentro da aula, xa que saíron algúns exemplos como que os alumnos e alumnas poden correxirse entre eles mesmos ou poden traballar en grupos para crear unha choiva de ideas. Este tipo de métodos poden dinamizar moito as actividades e axudar ao alumnado á hora de redactar.


Para centrarnos máis neste tema da produción escrita, tivemos que dividirnos en grupos e crear unha actividade. A miña parella e mais eu creamos unha actividade na que o alumnado debía narrar unha experiencia relacionado co entroido, escribila nunha cartolina e colocala nun mural no corredor para que os demais compañeiros e familiares o puidesen ver. Despois decidimos a avaliación deste exercicio e isto fíxome reflexionar bastante, chegando a distintas conclusións. Penso que neste tipo de actividades non é necesario poñer unha cualificación numérica, creo que dar ao alumnado feedback é máis proveitoso. Podemos comentar certos erros para que melloren mais non debemos corrixir absolutamente todo, xa que o alumnado entenderá que o seu esforzo non pagou a pena. Xa que este tema paréceme interesante, busquei máis sobre el e atopei este vídeo que amplía máis a información:





Para traballar coa produción oral, a docente enviounos un correo cun enderezo a unha páxina web que contiña distintas actividades para traballar a expresión oral. Individualmente, tivemos que elixir unha e explicarlla a tres persoas que tiñan páxinas webs distintas. Esta tarefa gustoume moito, xa que as páxinas contiñan actividades diferentes e breves, que se poden aplicar nunha clase. Despois desta sesión seguín investigando e atopei este vídeo que da algunhas ideas de como facer que o alumnado se lance a falar inglés, igual vos axuda tamén!





En conclusión, penso que coñecer distintas actividades como as vistas nas clases é beneficioso para o docente, xa que non necesitará de improvisación e terá recursos suficientes. Finalmente, gustaríame remarcar a importancia de motivar ao alumnado e dun bo ambiente na aula para que este se solte a utilizar a lingua estranxeira sen pasar vergoña. Deixo por aquí un vídeo para concluír que explica algunha idea que pode ser útil como futuros docentes!

















Comentarios

  1. Ola Antía!
    En primeiro lugar, quería felicitarte pola entrada tan completa que fixeches. Quedaron perfectamente reflectidas todas as actividades que levamos a cabo nas diferentes sesións, así como as explicacións feitas pola profesora.
    Gustoume moito saber a orientación que tomaron os vosos exercicios. Ao tratarse dunha lingua diferente á miña, paréceme moi interesante poder acceder ás decisións tomadas polas futuras docentes doutras linguas e comparalas entre si.
    O inglés é unha lingua moi accesible, xa que é moi sinxelo atopar recursos nesta lingua en comparación a outras. Porén, como ben sinalas, hai moitos alumnos que non son capaces de falalo sen barreiras. En relación a iso, gustoume moito o vídeo que enlazas sobre diferentes estratexias para animar ao alumnado. Creo que, como futuros docentes de lingua estranxeira, é fundamental que aprendamos a animar e motivar ao noso alumnado. Isto relaciónase tamén co último vídeo que adxuntas, sobre este tema da motivación. Aínda que non fosen os temas principais das sesións da asignatura, si considero que son aspectos imprescindibles do noso traballo e que non deben deixarse de lado en ningún momento. Só conseguindo transmitir esa seguridade e motivación ao alumnado tomarán importancia o resto de actividades e terán un sentido dentro da aula.
    Espero poder ler pronto unha nova entrada túa! Un saúdo.
    María

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola, Antía!
    Antes de nada, ¡muchas gracias por tu entrada! Ver tu descripción y opinión de los contenidos y actividades tratados en clase me hizo apreciar diferentes perspectivas y aspectos que no toqué tanto en mi entrada, como, por ejemplo, el hecho de brindar el mejor material al alumnado, el cual puede variar completamente incluso en un mismo grupo. A cada alumno/a le puede funcionar tipos de materiales o actividades perpendicularmente diferentes, por lo que en casos como este, la labor del profesorado como observador/a es crucial a la hora de desenvolver el curso académico.

    Otro aspecto que me gustaría remarcar es el de la motivación, pues considero que, por lo menos en secundaria (donde tengo mi principal foco), muchas veces es prioritario trabajar la motivación del alumnado antes que la misma asimilación de los contenidos teóricos; unos contenidos que si no hay voluntad de utilizar, resultarán totalmente baladíes en el desarrollo del estudiantado como persona.

    En este sentido, también considero que trabajar la motivación en un primer lugar será más rentable a largo plazo que limitarte a conocimientos teóricos o gramáticos.

    De nuevo, ¡muchas gracias por tu entrada!

    ResponderEliminar
  3. Ola Antía!

    Graciñas pola túa aportación sobre esta unidade e polos videos proporcionados. O que máis me gustou foi como trataches a retroalimentación na aula, dado que no video hai dous puntos nos que nunca pensara. En primeiro lugar, chamoume a atención que os alumnos perciban a retroalimentación como pouco oportuna, xa que é lóxico pensar que estarán pendentes do que terán que facer despois e non do que xa fixeron e foi calificado. En segundo lugar e estreitamente relacionado, é chamativo que a retroalimentación se considere un resultado en lugar dun medio, na miña opinión deixa ver que o corpo docente non o está facendo ben neste aspecto, xa que debería considerarse unha fonte de mellora e non unha puntuación. Hai que darlle a retroalimentación a importancia e lugar que merece!

    Tamén me gustaría engadir que para min é tan importante como para ti dar recursos ao alumnado. Definitivamente, a aprendizaxe dunha lingua non se debería limitar ás catro paredes dunha aula, senón que os estudantes precisan saber de que xeito poden estar en contacto con ela fóra do instituto. Na miña experiencia, o que me permitiu ter tanta facilidade co inglés foi precisamente botar man deses recursos, pero tívenos que descubrir por min mesma. É por isto que creo que nós, como futuras docentes, nunca deberíamos esquecelos e proporcionarllos constantemente ao alumnado, para asegurar que todos eles poidan ter a oportunidade de empregalos.

    Un saúdo,
    Noelia

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Tema 2. Marco común europeo de referencia para as linguas. Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea (Carla)

Tema 11. A avaliación na aula de linguas estranxeiras (Cristina)

Tema 3. Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias (Carla)