Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

Tema 11. A avaliación na aula de linguas estranxeiras (Cristina)

Imagen
  A avaliación na aula de linguas estranxeiras No tema 11 chamado “ A avaliación na aula de linguas estranxeiras”, traballamos as distintas avaliacións, así como as súas funcións e utilidades. Como futura docente, creo que a parte da avaliación debe ser analizada e debemos darlle a importancia que ten para que esta sexa unha boa ferramenta á hora de poñela en práctica co alumnado. Unha análise da avaliación diagnóstica, formativa e sumativa é fundamental e, é por iso, que neste tema centrámonos na explicación destes tres tipos de avaliación. Na primeira sesión, centrámonos nunha ferramenta moi útil e que nos pode axudar á hora de avaliar, a rúbrica. As rúbricas son realmente vantaxosas, xa que facilitan moito o proceso de avaliación para o docente, así como axudan ao alumnado a entender que é o que se lle vai valorar e os aspectos nos que se deben focalizar. O máis importante é que aprendemos a facer unha rúbrica útil e que avalíe correctamente, xa que é moi importante redactala be...

Tema 3. Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das habilidades comunicativas na aprendizaxe de linguas estranxeiras (Cristina)

Imagen
Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das habilidades comunicativas na aprendizaxe de linguas estranxeiras. Na aula, abordamos o tema 3 durante tres sesións moi completas. Nestas tres sesións, houbo algunha teoría mais sobre todo houbo moita práctica. Estivemos aprendendo distintas e stratexias de comunicación, actividades para a produción oral e escrita e o seu tratamento na aula. Para comezar a unidade, a docente pediunos que definiramos en grupos catros conceptos. Despois, comentámolas para chegar a unha definición común e asegurarnos de que todos e todas entendiamos os catro termos.  Deixo por aquí as definicións que fixen xunto co meu grupo: Ao rematar esta posta en común, a docente explicounos en detalle en que consiste a mediación, un concepto novo para nós e que cada vez está cobrando máis importancia no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Aprendemos que hai distintos tipos de mediación (de textos, ...