Tema 1. Situacións e variábeis de ensino das linguas estranxeiras (Gonzalo)
Situacións e variábeis de ensino das linguas estranxeiras O tema 1 da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras dividiuse en dúas sesións. Na primeira sesión, traballamos coas similitudes e as diferenzas entre a adquisición da lingua materna e a aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Na segunda sesión, tratamos as linguas e os seus contextos de uso, así como a importancia do repertorio lingüístico. Para comentar as similitudes e as diferenzas na adquisición da lingua materna e a aprendizaxe da lingua estranxeira dividímonos en grupos de catro persoas e realizamos un Diagrama de Venn. Eu coñecía este tipo de representación gráfica mais non sabía o seu nome nin vira un exemplo práctico de como usalo na aula. Este diagrama pode facerse de tres formas diferentes: overlapping circles , circle within a circle e separate circles . En cada diagrama márcase a relación entre os conceptos comparados mais faise dun xeito diferente, polo que se debe elixir o diagrama que máis...