Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

Presentación final (Carla)

PRESENTACIÓN FINAL Na miña presentación final, falo do plurilingüismo dentro da aula de linguas estranxeiras. Hoxe en día, hai un gran debate sobre o uso da lingua materna dentro das aulas de linguas estranxeiras, polo que decidín buscar máis información sobre as vantaxes que pode ter o uso da lingua materna dentros destas clases. Para realizar este traballo, utilice un artigo que recollía distintas investigacións e centreime en dúas moi representativas. Espero que isto vos axude a entender un pouco máis a realidade das clases de linguas estranxeiras!

Tema 4. O ensino-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais (Carla)

Imagen
  AS PRÁCTICAS RESTAURATIVAS Na sesión dedicada ao tema 4, interviñeron seis persoas na aula que fixeron o Mestrado no que estou agora. Pareceume unha idea moi boa, xa que sempre é interesante saber as distintas posibilidades que hai ao remate do mestrado de profesorado. Unha das rapazas que veu á aula de forma presencial e que xa aprobou as oposicións, falou das prácticas restaurativas. Este termo chamoume a atención, xa que nunca o escoitara e pareceume unha ferramenta que pode ser bastante útil nas clases. Buscando máis información sobre isto, atopei dous vídeos que reflicten bastante ben en que consisten estas prácticas restaurativas e como poden ser empregadas en distintos ámbitos. O primeiro vídeo ( Vídeo 1 ) fala destas prácticas restaurativas e dos distintos métodos que se poden empregar para levalas a cabo de forma máis efectiva. O vídeo reflicte moi ben a idea principal destas prácticas. Hai prácticas informais e formais. As informais non precisan de tanta preparación, xa...

Tema 3. Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias (Carla)

Imagen
  CONSCIENCIA INTERCULTURAL, ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS No tema 3 estivemos a ver as competencias xerais: coñecemento declarativo (saber), destrezas e habilidades (saber facer), competencia “existencial” (saber ser) e capacidade de aprender (saber aprender). O coñecemento declarativo consta do coñecemento do mundo, coñecemento sociocultural e consciencia intercultural. Nesta entrada voume centrar na consciencia intercultural e na súa importancia na sociedade. Tamén, abordarei o impacto dos estereotipos e prexuízos que sempre estiveron e seguen estando na actualidade.  Antes de comezar a buscar información sobre este concepto e as súas implicacións, investiguei sobre que é a interculturalidade. Para isto, atopei este vídeo que reflicte moi ben en que consiste e como debemos actuar como individuos para lograr acadala. Gustoume bastante este vídeo, xa que a pesar de ser básico, explica moi ben e en detalle o concepto de interculturalidade. Ademais, pode usarse nas aulas para que os...

Tema 2. Marco común europeo de referencia para as linguas. Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea (Carla)

Imagen
  Edulingüe 2030 Na sesión dedicada a explicar o tema 2, falamos do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e sobre os distintos obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea. Relacionado con este tema, a docente introduciu Edulingüe, un programa que non coñecía e que chamou a miña atención. Polo tanto, estiven a investigar máis polo miúdo sobre o programa e os seus obxectivos. Estiven investigando e atopei a Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2030: Edulingüe 2030 . Este documento de trinta e catro páxinas está actualizado e contén os principios e retos que se queren conseguir ata o 2030 con respecto ás linguas estranxeiras. É unha estratexia realizada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que teñen como eixes principais expandir e afianzar a internalización do sistema educativo galego para favorecer a cidadanía global. O documento consta de diferentes apartados realmente interesantes e concreto...